Só Integración
Tes Home Assistant xa instalado
Dende 400 €
- Integración Airbnb / Booking / Smoobu
- PINs únicos: reserva, check-in e empresa de limpeza
- Corte automático de auga, gas e luz ao checkout
- Detectores de fume e gas con alertas inmediatas
Para pisos turísticos, casas rurais e alugueres de curta duración en Galicia.
Integración con Airbnb, Booking e Smoobu · PINs únicos por reserva · Corte automático de subministracións ao checkout · Detectores de fume e gas · Todo local, sen cotas cloud.
Dende a reserva ata a entrada do hóspede, sen que toques o teléfono.
Airbnb, Booking ou Smoobu confirma a reserva. O sistema detecta automaticamente as datas e o hóspede.
ZERQA crea un código exclusivo válido só entre as horas de check-in e check-out da reserva.
O hóspede accede só coa súa clave. Sen esperas, sen coordinación e sen chaves físicas.
Automatización post-estadía
Tras a saída do hóspede, a empresa de limpeza recibe o aviso co horario exacto e o acceso á propiedade. Ten o seu propio PIN temporal, activo só mentres traballa. Cando confirma a saída, o PIN expira automaticamente e recibes a notificación de que o aloxamento está listo para os seguintes hóspedes. Sen enviar nin un mensaxe.
Cando o último hóspede fai checkout, Home Assistant acciona os dispositivos para deixar o aloxamento en estado de repouso seguro. Sen consumos innecesarios, sen riscos, sen que ninguén teña que pasar a comprobar nada.
Válvulas inteligentes programadas para pechar ao marcar a saída. Evita perdas por torneiras abertas ou roturas non detectadas mentres o aloxamento está baleiro.
Relés Shelly en circuítos non esenciais —clima, calefacción, electrodomésticos— que se desconectan automaticamente. O aloxamento non consume cando non hai hóspedes.
Válvula de gas motorizada que pecha ao checkout. Seguridade total mentres o aloxamento está sen ocupar, sen depender de que ninguén o recorde.
Home Assistant comproba o estado de todos os dispositivos e notifícache se algo queda activo por erro antes de que chegue o seguinte hóspede.
Os aloxamentos turísticos con alta rotación de hóspedes esixen un nivel extra de seguridade. ZERQA integra sensores con Home Assistant para que o propietario teña visibilidade total, en calquera momento e sen subscricións de terceiros.
Sensores Zigbee integrados con Home Assistant. Alerta inmediata ao propietario no móbil en canto se detecta fume, sen depender de ningunha plataforma cloud.
Monitorización de monóxido de carbono e gas natural ou butano. Pode activar o corte automático da válvula de gas en caso de alarma.
Tódolos eventos rexistrados localmente en Home Assistant. Sen subscricións, sen datos enviados a terceiros, accesibles en calquera momento.
Notificacións push ao propietario e, se se configura, aviso á empresa xestora ou activación de protocolo de emerxencia.
Escolla o plan que mellor se adapta ao teu aloxamento.
Tes Home Assistant xa instalado
Dende 400 €
Parto de cero — inclúe todo o hardware
Dende 800 €
Xestión de varias propiedades
Presuposto a medida
Cóntame como é o teu aloxamento e o que precisas. Estudo inicial gratuíto sen compromiso.
Falar por WhatsAppInstalación en Pontevedra e Rías Baixas · Nuki · Home Assistant · Shelly · Airbnb · Booking · Smoobu